O Debuxo Técnico é unha materia de tipo práctico, na que o alumno/a debe adquirir unha serie de competencias que lle permitan expresarse de xeito gráfico, seguindo unha serie de convencións e códigos compartidos por un gran número de sectores profesionais nunha sociedade globalizada. O obxectivo final, é poder representar de modo técnico e visual calquer obxeto ou produto, definindo todas as súas propiedades formais e dimensionais para que terceiras persoas poidan recibir esa información, e en moitos casos, para que se poida fabricar ou construír. Cada quincena o alumnado recibirá un documento correspondente a unha parte do currículo da materia. Despois de realizar unha primeira lectura, é indispensable que se debuxen en papel as distintas construcións xeométricas que se explican; non chega só con ler ou memorizar os pasos. Para elo, hai que utilizar o material de debuxo adecuado: portaminas con grafito de dureza H ou HB, regra graduada para medir, escalímetro, escuadro, cartabón e un compás de calidade que nos permita trazar arcos e circunferencias con limpeza e precisión. Complétase o material de traballo con exercicios autoavaliables (coas solucións ao final), exercicios obrigatorios para enviar ao profesor ou titor (sen solucións), un cuestionario e un resumo no que se indicará cales son os conceptos e as construcións máis importantes.
|