As Guías electrónicas para a formación a distancia son unha aplicación de internet que sistematiza o proceso de ensino- aprendizaxe no bacharelato a distancia de Galicia.
O traballo organízase en doce unidades quincenais e cada unha contén os seguintes apartados:
- Axenda, que debes ler con atención, pois se indica paso a paso cada unha das tarefas.
- Obxectivos, que terás que acadar ao longo deses quince días.
- Documentos descargables: equivale aos tradicionais "apuntamentos" das materias.
- FAQ. As dúbidas máis frecuentes atópanse neste apartado. É útil que as consultes para resolver problemas, para ampliar a información e para coñecer as dificultades que lles xurdiron a outras persoas cando estudaron esa materia.
- Vídeos educativos: serán aqueles vídeos que che poden facilitar a comprensión de coñecementos puntuais.
- Exercicios autoavaliables (con solucións), onde poderás aplicar o que aprendiches a través do documento de contidos. É recomendable que mires as respostas propostas para corrixir erros e afianzar os coñecementos adquiridos. Atoparás, polo menos, dúas entregas: unha despois dos documentos descargables e outra, unha vez realizado o cuestionario.
- Exercicios para enviar á titoría. Aparecen dous por avaliación e son propostas de exercicios que corrixirá o teu profesorado.
- Cuestionario, onde poderás comprobar o grao de consecución dos obxectivos marcados para esa quincena.
- Resumos. Atoparalos ao finalizar cada quincena e axudaranche no último repaso.